miércoles, 19 de octubre de 2011 Tags: 0 comentarios

CAMBIO DE HORARIO-MASA CRÍTICA SAMAÍN

Hola a tod@s, informámosvos que este mes Masa Crítica Pontevedra cambia o seu horario, de maneira que se celebrará o Xoves 27 ás 20:00 (antes era ás 21:00) na praza da Peregrina.



Ademais, este mes aproveitamos esta festa da bicicleta para celebrar o Samaín, así que os que vos animedes podedes disfrazarvos...que non falten as cabazas, meigas, druidas, esqueletos, e todo aquelo que se vos ocurra, imos pasalo de morte.





Un saúdo.

lunes, 10 de octubre de 2011 Tags: , , , , , 1 comentarios

Taller, mesa da bici e tren...

Hola a tod@s.
Primeiro que nada informarvos de que hoxe ás 19:30 terá lugar a mesa pola bici co concelleiro de mobilidade Luis Bará, e seguindo na liña de simpatía que o concello parece mostrar coa Masa Crítica da nosa cidade, estamos invitados, a orde do día é a seguinte:
1.- Plan de traballo para o curso 2011-2012.
2.- Achegas ao Plan de mobilidade.
3.- Outros temas.
Imos asistir dous dos participantes, e logo vos informaremos a través deste blogue e do Facebook.

Tamén vos informo de que durante os días 14, 15 e 16, celebraranse en Santiago, na Casa do Vento (Rueiro de Figueiriñas nº15) varios talleres de mecánica de bicicletas o que asistirán os nosos compañeir@s do taller Reciclos da Coruña
http://velosofia.wordpress.com/rciclos/



E para rematar, un pouco de reivindicación. Como xa saberedes, os trens e as bicicletas son dous medios bastante incompatibles, xa que a política de Renfe e ADIF, así como a progresiva eliminación de prazas para bicicletas nos trens (nalgúns casos para sustituilas por máquinas de chucherías)fan que a intermodalidade entre estes dous medios de transporte sexa bastante complicada, por non decir imposible as máis das veces.
En concreto, nos rexionais da costa galega só entran... ¡¡¡3 BICICLETAS POR TREN!!!, e nos novos Alvia, que aparecerán en breves nen sequera se poden meter bicis ( so as pregables e como equipaxe de man).

Como ben advirten plataformas como "SALVA O TREN GALIZA", ademáis coa chegada do ave, eliminanse moitas das paradas actuais, co que o tren xa non cumplirá a súa función de interconexión entre pobos da costa e incluso poboaciós como Vilagarcía quedarán illadas. E se imos coa bici...olvidádevos de subir ó tren, por iso, os colectivos pro bici reivindicamos unha maior intermodalidade bici-tren, e para iso se fan actos coma este que tivo lugar na V Masa Crítica Galega, na estación de tren da Coruña.


Un saúdo.

viernes, 7 de octubre de 2011 Tags: 0 comentarios

Fotos y video IV Masa Crítica


























































Hola a tod@s, os dejamos por aquí las fotos (escasas, a ver si nos acercan alguna más) de la 4ª Masa Crítica Pontevedra.

Aclarar que en la misma fuimos más de 50 ciclousuari@s, y la verdad es que todo el mundo dice haberselo pasado genial.

Además el compañero Angel ( dospedalesmilcaminos.blogspot.com ) ha grabado un video que os dejamos por aquí.







Nos vemos el Jueves 27, y no olvideis que celebramos el Samaín , así que el que se quiera disfrazar, decorar su bici, etc....adelante.

En breves os informaremos sobre la fecha del taller de mecánica básica, roteiros y otras actividades.

Un saúdo