viernes, 6 de enero de 2012 Tags: , 4 comentarios

Bicienxamio de difusión

Ola, dende a Masa Crítica Pontevedra invitamos a tódol@s integrantes da mesma e ós demáis ciclousuari@s a que o Venres 20 do presente mes participemos no primeiro bicienxamio que se celebrará na nosa cidade.



Básicamente, un bicienxamio é un xogo no que os ciclousuari@s, se reunen nunha praza, se dividen en grupos e se marcan uns obxetivos a conquerir.




Neste caso, a idea é xuntármonos ás 19:00 na praza da Peregrina. Ali repartiremos a cada grupo que se forme un número de carteis e octavillas. O obxetivo é que cada grupo acade a maior cantidade posibel de fotos de xente que reciba de bo grado a octavilla e queira sair na foto, e de escaparates de tendas, bares, etc, nas que nos permitan poñer os cartaces.


Ás 21:00, volverémos xuntar todos na Peregrina para logo tomar algo mentres comentamos as anécdotas.



Por soposto, aproveitaremos para volcar tódalas fotos da experiencia a un soporte dende ó que posteriormente se subirán á rede.

Animádevos a participar, garantimos un horas moi agradables e sobre todo moito compañeirismo e risas.




Un saúdo