lunes, 6 de febrero de 2012 Tags: 5 comentarios

Reunión da "Mesa pola bici" e acta da reunión do 01/02/2012

Por aquí deixo copia da acta da reunió da Masa Crítica Pontevedra que tivo lugar o Mércores 01/02/2012, e na que tamén se tocan os temas que se presentarán ó concelleiro de mobilidade Luis Bará na reunión que terá lugar hoxe día 06/02/2012 ás 19:00 no concello:

Acta III reunión Masa Crítica Pontevedra. Reunidos no bar “O Baúl” da Praza da Verdura de Pontevedra o día 1/02/2012 cinco participantes de Masa Crítica Pontevedra, tocanse os siguintes temas:
1- Reunión “Mesa pola bici”co concelleiro de mobilidade Luís Bará o día 06/02/2012:-Recórdase o correo enviado o citado concelleiro e a resposta do mesmo que a continuación se citan:

“Ola, enviámoslle este correo para informarlle de que os participantes da Masa Crítica Pontevedra, andamos a confeccionar un calendario de actividades para os vindeiros meses. En principio, e como xa lle comentamos na “Mesa pola bici”,queríamos comezar, polo mes de Marzo a facer dous tipos de cursos:
1- Aprendizaxe e uso da bicicleta (sobre todo no ámbito urbano). A idea sería apoiar a quen non sabe andar na bici ou se sinte inseguro na mesma, axudando en primeira instancia á aprendizaxe necesaria para a utilización deste vehículo, e como segunda parte acompañando en percorridos urbáns os novos usuarios e os que non se atopan aínda moi seguros utilizando este vehículo. Neste eido debemos resaltar que x atemos casos de xente que aprendeu a usar a bici nestes meses e agora son cicliusuarios moi activos, e que ademáis recoñecen como moi positivo o cambio que aporta ás súas vidas o troca na súa maneira de desprazarse.
2- Curso de mecánica básica da bicicleta. Dende Masa Crítica Pontevedra, alguns ciclousuarios estannos a transmitir que lles gostaría poder facer os arranxos más sinxelos (axustes de cambio, axustes ergonómicos, parcheado de rodas, axuste de freos e cambio de cableados, mantemento da transmisión, etc.). Para este curso, ademáis dos coñecementos que temos algún dos participantes da Masa, tamén contaríamos coa colaboración dunha compañeira cun longo historial como mecánica profesional de bicicletas. Para a celebración destes cursos gostaríanos contar coa colaboración da súa concelleria, se puidese ser, sobre todo por se desexan difundilo ou colaborart con nos na organización destes eventos.
En calquera caso, sí que para nós sería moi importante a cesión temporal dun local para os días de celebración dos talleres de mecánica, ou a montaxe dalgunha carpa nas prazas da cidade.
Por uotra banda, tamén estaríamos moi interesados en que dende o concello nos remitisen as normas de circulación no ámbito municipal de Pontevedra, así como colaborar coa policía local en xornadas orientadas á formación para a circulación en bicicleta.
Por último, recordarlle que estamos moi interesados na “semán da mobilidade” que segundo nos comentou vostede, ten pensado organizar o concello polo mes de Abril. Esperamos que nos vaian informando ó respecto, e que conten coa nosa colaboración na medida do posible. Recorde, outra mobilidade é posible.
Atentamente, un saúdo. Masa Crítica Pontevedra.”

Correo de resposta do concelleiro:

“ Estimados amigos: Co obxecto de darlle continuidade aos proxectos relacionados coa promoción da bici, convócase xuntanza para o vindeiro luns 6 de febreiro ás 19.00 horas no edificio administrativo do Concello (Michelena, 30), 3º andar.
Os temas a tratar son:
1.- Programación de actividades para os vindeiros meses.
2.- Desenvolvemento do Plan de mobilidade.
3.- I Foro da mobilidade na Xunqueira.
Agardando contar coa vosa participación, recibide un cordial saúdo.
Luís Bará Concelleiro de mobilidade CONCELLO DE PONTEVEDRA

PD. Se estades interesados en incluir algún outro asunto na orde do día, podedes comunicárnolo por este medio. Se queredes que falemos antes de algún asunto tamén me podedes chamar ao xxxxxxxxx”


- Ademais, na reunión acórdase engadir os seguintes temas
•Caidas na pasarela de madeira que transcorre polo río dos Gafos á altura do centro de menores Avelino Montero.
•Incidencias nos carrís-bici da cidade.
•Necesidade máis aparcamentos para bicicletas.
•Incremento de roubos de bicicletas na cidade.
•Normas de uso da bicicleta no concello de Pontevedra.
•Folletos de rotas e sendeiros no concello, así como comentar a posibilidade de creación dun servizo de guías e/ou monitores para as mesmas.
•Posibilidade da creación dun servizo de alugueiro de bicicletas nos aparcamentos disuasorios da cidade, dándolle uso ás bicicletas do Pilla-bici, que actualmente ten almaceadas o concello.


2- Incidencias na última Masa Crítica.
-Coméntase a desorganización que percibiron algúns dos participantes da última Masa, ademáis, fálase tamén de que se ben a Masa Crítica é unha celebración, non se pode perder de vista o seu obxetivo reivindicativo. Para por solución a estos problemas acórdase:
•Levar un megáfono á seguinte masa para antes de iniciar o percorrido aclarar a tódolos participantes as normas tanto de circulación como de funcionamento da propia Masa Crítica, facendo especial fincapé na solidariedade entre os participantes e nos obxetivos da propia Masa.
•Manter un orde dentro do propio pelotón da Masa Crítica, para isto suxírese que a cabeza do pelotón adapte a velocidade e o percorrido a todo o pelotón, asemesmo acórdase que os participantes máis veteranos da Masa se distribirán pola mesma para xestionar que o grupo sexa compacto e circule de forma ordeada, fomentando a orde, o civismo e a solidariedade tanto dentro como fora da Masa.
•Tamén se fai incidencia en solucionar de forma cívica e sempre dende o máximo respeto calqueira incidente que poida acontecer con outros usuarios da vía, dando sempre exemlo de respeto e educación.
•Por outra banda, tamén se fala da importancia de facer difusión de Masa Crítica durante o transcorrer da mesma.


3-Difusión:

-Coméntase a posibilidade de incorporar megafonía na seguinte masa, para o cal algún membros se porán en contacto con coñecidos que poidan facilitar esta tarea, sen desbotar calquera uotro tipo de axuda que poida surxir.
-O compañeiro Quique ofrécese coma voluntario para a creación de novas octavillas.-Fálase de fixar( a través do Facebook de Masa Crítica Pontevedra) unha data no mes de Febreiro para xuntármonos e crear bandeiras e pendóns.
-Coméntase a posibilidade de crear unha octavilla específica para a difusión nos vehículos a motor da cidade.

4-Bicienxamio.

-Acórdase a data Venres 17/02/2012, para a realización do vindeiro bicienxamio de difusión.

Sen máis, levantase a xuntanza que dando emprazados para as novidades a través do Facebook: Masa Crítica Pontevedra, e do Blog: Masacriticapontevedra.blogspot.com.

5 Response to Reunión da "Mesa pola bici" e acta da reunión do 01/02/2012

Anónimo
6 de febrero de 2012, 18:27

Estades vendidos ao concello de Pontevedra. Bará non vai a facer nada, só venderávos fume.

abel307
7 de febrero de 2012, 9:38

"Caidas na pasarela de madeira que transcorre polo río dos Gafos á altura do centro de menores Avelino Montero."

Eso se podría aplicar a cualquiera de las pasarelas de madera que pusieron en el Gafos, o cerca de Monteporreiro.
Es evidente que ahora no van a cambiar todos las pasarelas, pero a ver si lo tienen en cuenta en futuras actuaciones y para reparaciones.

7 de febrero de 2012, 17:38

#Anónimo Non se perde nada por ofrecer colaboración.

12 de febrero de 2012, 11:22

¿Estamos vendidos?. Mira, o mellor é que ti eres moi listo, pero nos somos uns parvos que intentan cambiar as cousas, e para iso buscsmos colaboración e axuda onde sexa. Somos parvos , pero coa suficiente capacidade crítica como para poder valorar o que se nos ofrece e xulgar con criterio propio se vai na dirección que nos interes e é acorde coa nosa liña de traballo ou non. Somos parvos e por iso non atendemos a siglas política ou de calquera outra índole, xa que o noso fin vai moito mais alá dos límites que vos marcades os listos cun activismo que remata no teclado do ordenador.

12 de febrero de 2012, 11:31

Comenámoslle o tema e como ben dis, fixémosllo extensivo a tódalas pasarelas con risco. En principio tomou nota, e comentouse a posibilidade de poñer neses puntos conflictivos algún tipo de superficie antideslizante. Por outra banda, quedamos en facer un par de días, xunto con Pedaladas, un percorrido pola cidade para localizar puntos negros e comunicarllo na seguinte reunión. En canto poidamos actualizamos o blogue e informamos sobre este e outros temas. Un saúdo.

Publicar un comentario