miércoles, 28 de marzo de 2012 Tags: , 2 comentarios

Acosado por levar as fillas á escola na bici

O autor do blogue por Pozuelo con pedales fixo pública esta semana unha nova da que foi protagonista. Foi á saída da escola cando a policía municipal de Pozuelo de Alarcón acosou o ciclousuario por levar unha bici con selas infantís "non homologada" e circular pola acera nunha avenida de tránsito perigoso. Feitos como este merecen a maior difusión.


«Son un perigo»

«A semana pasada detívome a policía por levar miñas fillas á escola na bicicleta! Agardaban por min á saída da escola os axentes vestidos de paisanos nun coche non marcado… De xeito agresivo dicíanme que a bici no está homologada para levar dous pequenos e pedíronme a ficha técnica da bici (cousa ridícula pois non existe).(...) Vanme denunciar ante os Servizos Sociais! A cousa ficou en que tomaron os meus datos e van redactar un informe para o Concello e outro para os Servizos Sociais por ser un pai irresponsable. Disparate e abuso de poderes.»

O texto completo: http://pozueloconpedales.blogspot.com.es/2012/03/acosado-por-la-policia-municipal-por.html


2 Response to Acosado por levar as fillas á escola na bici

abel307
29 de marzo de 2012, 13:06

Un caso un tanto extraño.

Al hilo de esto, leyendo por diversos blogs parece que es competencia municipal regular el uso de la bici, de las sillas carritos...
¿al ayuntamiento de Pontevedra tiene alguna ordenanza al respecto?

Un saludo.

30 de agosto de 2012, 18:50

En Amsterdam (Holanda, Europa..) es algo usual ir como va este hombre. Son numerosas las bicicleta de todo tipo en las que los padres transportan no solo a 2 sino incluso a 3 y 4 niños dependiendo del tipo de bicicleta.

Publicar un comentario