lunes, 24 de diciembre de 2012 0 comentarios

Masa Crítica de Nadal.

Ola a tod@s.
 Nestas datas a masa crítica segue a festexar a mobilidade sostible, o igual que facemos ó longo de todo o ano. Por iso, este Xoves 27 de Decembro volverémonos xuntar ás 20:00 na praza da Peregrina. Animámosvos a tódolos que teñades bicicleta ou patíns a sumarvos ó pelotón cidadá e pasar un rato divertido mentres nos movemos polas calzadas da nosa cidade.
Non o dubides, trae os teus nenos, se queres adórnate con motivos de nadal, e ven a pedalear en grupo.
O percorrido será sinxelo, sen costas e durará sobre 45 minutos.
Vémonos na rúa, e non o esquezades. usade a bicicleta tódolos días, celebrádeo unha vez ó mes.
Unha aperta.

No Response to "Masa Crítica de Nadal."

Publicar un comentario