domingo, 13 de enero de 2013 0 comentarios

Ciclousuarios do outro lado do Miño (I)


Aqui alguém precisou de um estacionamento para bicicletas e não o tinha…


Así comezan as entradas do blogue Braga Ciclável de Victor Domingos. O seu obxectivo é visibilizar os ciclousuarios da urbe bracarense e as súas necesidades. E preséntase con esta intención, que podemos facer nosa:

Esta é uma cidade com um potencial imenso para a adoção do ciclismo urbano no dia a dia. Falta no entanto dotá-la daqueles pequenos pormenores que, para além de facilitarem a vida de quem pedala, animam a quem quer começar. Vamos fazer de Braga uma cidade mais amiga dos peões, das bicicletas e dos ciclistas!


Aínda no Minho atopamos esta noticia: En Braga, Barcelos e Vila Nova de Famalicão celebrarase o próximo sábado 19/01/2013 unha manifestación contra os atropelamentos, tristemente frecuentes. Desexamos a maior concorrencia posible a estes eventos, que serán o día antes da marcha homenaxe a Cristóbal Hermida, e animamos a todos os que podan a sumarse a estas concentracións.

Achegarse a Portugal na bicicleta é bastante fácil dende o sur de Galicia e sempre se poden tomar como lanzadeira as conexións de tren ou autocar.

[Fotografía: Victor Domingos].

No Response to "Ciclousuarios do outro lado do Miño (I)"

Publicar un comentario