domingo, 13 de enero de 2013 0 comentarios

Presentación da “Marcha ciclista pola seguridade nas estradas en homenaxe a Cristóbal Hermida” e saída alternativa dende Pontevedra.

O venres 11 ás 13:30 h., tivo lugar no salón de plenos do Concello de Bueu a rolda de prensa de presentación da “Marcha ciclista pola seguridade nas estradas en homenaxe a Cristóbal Hermida”.

Esta marcha reivindicativa, organizada polo Clube Ciclista Bueu e o Concello de Bueu naceu en homenaxe á figura do que fora presidente do clube ciclista organizador, o cal, como todos sabedes, faleceu o pasado 3 de Xaneiro víctima dun atropelo na Autovía de Marín mentras entrenaba. Na presentación do evento estiveron presentes Félix Juncal, alcalde do Concello de Bueu, Delio Fernández, ciclista profesional, Pablo Ríos, monitor do Concello de Bueu e Francisco Estévez e Álvaro Louzao, ambos do Clube Ciclista Bueu.

 O Alcalde de Bueu comezou falando da debilidade dos ciclistas nas estradas e os numerosos accidentes que se están a producir nas últimas datas, razón pola cal xurdiu este evento, pola recente pérdida dun persoaxe tan entrañable, dun veciño e amigo tan querido, como era o finado Cristóbal Hermida.

 Félix Juncal destacou o seu eterno sorriso, que lembraremos todos o día da marcha, e colleu o cartel que anuncia o evento destacando a fotografía que ilustra o mesmo e dicindo "ésta sonrisa". Dicir que o Clube Ciclista Bueu quiso precisamente elexir para este cartel unha fotografía do seu finado presidente sorrindo, pois todos o lembramos así e todos o queremos seguir lembrando coa súa xa eterna sonrisa. A continuación falou o ciclista profesional Delio Fernández.
 Delio milita actualmente nas filas do OFM Valonga portugués, e fora ciclista do xa desaparecido Xacobeo Galicia, participando no Giro de Italia e na Volta a España. O ciclista moañés correu varias tempadas nas filas do Clube Ciclista Bueu en categorías menores, xusto antes de comezar a despuntar a nivel nacional. Se mostraba moi doido pola perda, comentando que lle estaba afectando moito, e que inda que pasaba casi a diario polo lugar do accidente, non foi capaz de volver a pasar por ese punto desde ese día. Dixo que o falecido fora Cristóbal, pero que ben lle pudo tocar a él ou a calquera outro ciclista, e por iso mesmo salietou a importancia do apoio e participación nesta reivindicación por parte do maior número posible de usuarios da bicicleta.
 Delio comentou o doído que está o pelotón ciclista galego ante a perda dun persoaxe tan querido e coñecido como era Cristóbal, e que incluso lle chegaron mensaxes de apoio e condolencia de varios puntos de España e Portugal, onde se están organizando marchas similares polos últimos accidentes con ciclistas implicados acontecidos nos últimos días. Tamén falou de outros compañeiros profesionais que acudirán ao evento, algúns deles xa retirados da práctica profesional, como son Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia no 2006, Álvaro Pino, gañador da Volta a España en 1986, Marcos Serrano, gañador da Volta a Galicia en 1999 e dunha etapa do Tour de Francia no 2005 e Gustavo César Veloso, excompañeiro de Delio no Xacobeo, único ciclista galego en correr a pasada Volta a España, nas filas do Andalucía e gañador dunha etapa na Volta a España no ano 2009.

 Pablo Ríos, monitor deportivo do Concello de Bueu falou da programación de esa “Marcha ciclista pola seguridade nas estradas en homenaxe a Cristóbal Hermida”. Esta marcha reivindicativa se celebrará o domingo 20 de Xaneiro ás 10:00 h. O punto de partida será a praza do Concello de Bueu, onde se habilitará un control de firmas previo para tódolos participantes, firmas de apoio á solicitude de cambios nas regulamentacións de Lei de Seguridade Viaria actual. A organización está en contacto con Stop Accidentes Coruña para elaborar as peticións pertinentes, así como para que os asesoren no organismo ao cal destinar estas firmas, que se prevén moi numerosas. Antes da partida, o colectivo de ciclista profesionais que participarán na marcha leerá un comunicado aos participantes.

PERCORRIDO:

O percorrido partirá do Concello de Bueu con un tramo urbano polas rúas de Bueu, comezando pola rúa Montero Ríos e saíndo á estrada xeral pola rúa Pazos Fontenla. Unha vez na estrada PO-551, o pelotón circulará cara a Marín, e dende alí ata a rotonda de entrada a Pontevedra pola Autovía Marín-Pontevedra. Na mesma e á altura de Placeres, lugar onde o pasado 3 de Xaneiro perdía a vida Cristóbal Hermida nese fatal accidente, se rendirá homenaxe a este home que adicou toda a súa vida ao ciclismo, facendo unha parada na que se gardará un minuto de silencio, se leerá un comunicado por parte dos seus compañeiros do Clube Ciclista Bueu e se colocará un ramo de flores. Dende este punto se retornará a Bueu para totalizar os 35 quilómetros de percorrido da marcha na cal o que se prevé será o maior pelotón ciclista xamáis visto en Galicia percorrerá a última etapa da vida de Cristóbal Hermida. No punto de chegada, a Federación Galega de Ciclismo porá o peche ao evento. Para participar na marcha é obrigatorio o uso do casco, así como ter cumpridos os 15 anos, ademáis, lóxicamente, de contar cunha condición física mínima para aguantar a quilometraxe do percorrido.

 A organización quixo agradecer tamén a colaboración, apoio e mostras de condolencia dende o primeiro momento de todos os orgnismos que fan posible este evento: Federación Galega de Ciclismo, Cruz Vermella Pontevedra, Stop Accidentes Coruña, Concello de Marín, Policía Local e Protección Civil de Marín, Concello de Pontevedra, Policía Local de Pontevedra, Policía Local e Protección Civil de Bueu, os Clubes Ciclistas de Marín, Moaña e Cangas e a Deputación de Pontevedra. Francisco Estévez "Putxas", ciclista do Clube Ciclista Bueu, falou da figura de Hermida, personaxe entrañable e moi querido, impulsor do Clube Ciclista Bueu e presidente do mesmo dende hai 10 anos. Comentou tamén a súa entrega e dedicación, e o enorme vacío que deixou a súa falta, facendo sair á luz todo ese traballo invisible que o bó de Hermida realizaba e que agora o clube nota, e que os fixo chegar a pensar en que o clube desaparecera, pero que na súa memoria é agora cando deben estar máis unidos que nunca para sacar adiante ese proxecto polo que tanto loitou Cristóbal. Falou tamén dos momentos tensos que se viviron o día do accidente, cando chegaron as primeiras noticias dun atropelo mortal, e sobre todo cando xa se anunciou que era un ciclista do seu clube e todavía non sabían de quen se trataba, sobre todo no seu caso persoal, pois se atopaba de vacacións en Madrid. Pechou a rolda de prensa Álvaro Louzao, vocal da directiva do Clube Ciclista Bueu, e que falou sobre os motivos e reivindicacións desta marcha ciclista.

Álvaro quixo destacar a imposibilidade no Morrazo da existencia de carriles individuais para bicicletas e vehículos, e polo tanto, a necesidade de aprender a compartir, tanto por parte dos ciclistas como dos conductores. Falou tamén de estudios que din que en España hai máis bicicletas que balóns, e polo tanto non entende tantas inversións en campos de herba artificial e cero inversións en pistas de ciclismo de iniciación, que non terían tanto custe e que poderían impulsar este bonito deporte nas categorías menores sen o perigo de ter que circular polas estradas cós rapaces. No caso do Morrazo, unha única pista destas características podería ser utilizada por tódolos ciclistas da Comarca.

 Xa no apartado de preguntas, se aclararon dous puntos. O primeiro, a previsión que hai por parte da organización de abrir esa recollida de firmas, invitando a todas aquelas persoas que non participan na marcha a achegarse a firmar en favor da causa que defenden. Tamén a posibilidade de extender esta recollida de firmas a outros días e lugares, o cal se pode facer có apoio dos clubes ciclistas galegos. Se preguntou tamén pola repercusión do evento, que está facendo que se creen diversos grupos paralelos que partirán doutros puntos da provincia de Pontevedra. Se aclarou que dende a organización, e en vista de que se nos plantexaban estas saídas, e incluso se nos nomeaba como organizadores, se enviou un comunicado a todos aqueles que o plantexaban, pedindo a participación dende Bueu por varias razóns : facer varias solicitudes simultáneas a Tráfico podería facer peligrar o noso proxecto; si reivindicamos seguridade deamos exemplo e partamos todos nun grupo organizado e seguro; respetar o percorrido que fixo Cristóbal na súa derradeira etapa; a recollida de firmas; que se vexa un pelotón unido, sobre todo para os medios de comunicación, e así poder cuantificalo. Polo tanto, a organización, non se fai responsable das salidas simultáneas dende outros puntos, que farán pola súa conta e risco. O envío deste comunicado fixo cambiar de parecer a algún grupo, como o de Cambados, no que se atopa Gustavo César Veloso, e que se deslazarán ata Bueu o día 20. A participación neste evento se prevé multitudinaria, dado o cariño do pelotón galego hacia Cristóbal, así como o dramático do suceso e o aumento dos accidentes con ciclistas implicados estas últimas datas.

Só no evento creado no facebook, hai nestes intres 548 participantes, e se contan con moitos máis. A seguridade dos ciclistas e a memoria de Cristóbal Hermida, ben o merecen.

SAIDA ALTERNATIVA DENDE PONTEVEDRA.

 Dende Masa Crítica Pontevedra xa nos puxemos en contacto cos coordinadores deste evento para facer unha saída alternativa dende a Praza da Peregrina.
 Esta saída xa foi comunicada ás autoridades pertinentes, e a idea é que todos aqueles que non poidan facer o percorrido dende Bueu se sumen á marcha dende a Peregrina.
 Concentrarémonos a partír das 11:00 da mañá, e recolleremos firmas da campaña que están a levar a cabo os organizadores do evento. A partír das 11:30 sairemos nun pequeno percorrido cara a avenida de Marín, e na rotonda de Malvar esperaremos ó pelotón procedente de Bueu para que unha vez que pasen sumarnos á marcha ata o lugar do accidente.
 Unha vez finalizada a homenaxe voltaremos á cidade pola autovía. Invitamos a participar a tódolos ciclousuarios e a reivindicar o lugar dos ciclistas na estrada. Lembrámosvos a todos que non esquezades o casco, xa que abandonaremos o casco urbano e, fora del é obrigatorio.
 Cumpramos as normas para reivindicar que se cumpran.

 Un saúdo.

No Response to "Presentación da “Marcha ciclista pola seguridade nas estradas en homenaxe a Cristóbal Hermida” e saída alternativa dende Pontevedra."

Publicar un comentario