miércoles, 30 de julio de 2014 0 comentarios

XXXVIII Masa Crítica

Este Xoves 31 de xullo @s ciclousuari@s de Pontevedra voltaremos a coller os nosos vehículos e a circular pola cidade cun percorrido común.

Quedaremos ás 21 horas na praza da Peregrina e dende alí pedalaremos polas calzadas. Porque non bloqueamos o tráfico, somos tráfico. Tráfico respetuoso coa saude das persoas e do planeta, tráfico silencioso, eficiente e amable.

 Xa sabedes, usade a bici tódolos días, e celebrádeo unha vez ó mes facendo a Masa Crítica de Pontevedra.

Un saúdo a tod@s