miércoles, 29 de octubre de 2014 2 comentarios

Masa Crítica do Samaín e camisetas "Diego somos tod@s"

Este xoves 30 ás 20:00 horas (comezamos co horario de inverno) a Masa crítica de Pontevedra voltará a sair ás rúas da cidade para dar unha volta conxunta nas nosas bicicletas, e coma este mes coincide co Samaín, convidamos @s que se achegen a que se animen a disfrazarse. Sairemos coma sempre da praza da Peregrina

Con disfraz ou sen él invitamos a tódol@s ciclousuari@s da cidade a sumarse á festa mensual da bicicleta, xa sabedes, "Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ó mes".

Por outra banda vos comunicamos que algunhas das persoas que conformamos a Masa de Pontevedra estamos a colaborar para axudar a Diego e a Plataforma Diego somos tod@s, o rapaz que tivo o accidente no monte Alba de Vigo e que, coma consecuencia, sufre unha lesión medular que o obrigará a adaptar a súa vida e o seu hogar a súa nova condicón de persoa cunha discapacidade física.
O sábado 8 de novembro ás 17:00 haberá unha concentración en Vigo diante do museo Marco. Para recabar fondos a súa familia e amigos están a vender camisetas, se queredes colaborar poderedes encargalas (cada camiseta custa 10€) nas  tendas da cidade que neste momento están a colaborar, esta é a relación actual de tendas:

 -El Puerto Work Bike Shop
 -Bici O Con Poio
 -Fixed & Single bikes
 -Ciclos Otero
 -Miler Vintage Running Club
 -Bicicletas Farto
 -Xtreme Bike Pontevedra
 -Moto Bike

Un saúdo a tod@s.