sábado, 17 de septiembre de 2016 0 comentarios

Obxetivo "visibilizar o uso do espazo público"

  
Nós como sempre non inventamos nada, o que facemos e copiar o que leva décadas funcionando e moitos lugares de Europa.Aquí tedes unha mostra. A imaxe que tedes enriba foi un proxecto orixinal para mostrar que o espazo público esta destinado maiormente a permitir a mobilidade en vehículo privado a motor.
As nosas cidades coroaron o automóbil como rei absoluto e todo rendeuse ao seu paso e para o seu uso. Isto implicou unha perda de utilidade para calquera uso que non sexa a mobilidade a motor polo que agora toca sensibilizar neste problema e buscar solucións.

Nesta Semana Europea da Mobilidade a asociación Pedaladas tráenos unha "performance"  que se chama "O evento do autobús" na que todos podemos participar.

A foto que se busca é esta:







O lugar escollido non é ao azar. Estamos nun dos puntos de maior confluencia tráfico da cidade, por un lado temos a AP-9 que pasa ao outro lado do ría que leva 20.658 vehículos por día, a Ponte da Barca onde pasan 10.500 vehículos por día e Av. das Corbaceiras con 8.700 vehículos por día.

Desde un punto de vista medioambiental (cálculos de Pedaladas) emítense 1.859 toneladas/ano de CO2 que agravan o cambio climático e 13.023kg/ano de contaminantes (CO, HC, NOx, PM2.5, PM10 sobre todo diésel) que danan a saúde das persoas a tan só 390 metros en liña recta do antigo concello de Pontevedra.

Non parece moi intelixente ter tal volume de emisións contaminantes preto de onde viven as persoas pero isto é así xa que nos 60-70 o moderno era ter cidades ateigadas de vehículos motor xa que se pensaba que a mobilidade resolveríase cando todo o mundo tivera o seu automóbil. Con este paradigma perdemos o transporte público (trole, autobús, tren de proximidade), votamos fora a bicicleta como vehículo de mobilidade, fixémoslle imposible a vida as persoas con diversidade funcional e sensorial e obrigamos ao peón a adaptar a súa mobilidade as exixencias do vehículo a motor.

A realidade é que ningunha cidade do mundo conseguiu resolver a mobilidade das persoas usando só automóbiles a pesares de que ningunha reparou en gastos para este fin. O intelixente, o lóxico, o que mellores resultados da para a nosa economía e o tema da Semana Europea da Mobilidade 2016, "Mobilidade intelixente, economía forte". Para iso temos que reverter o modelo das cidades dos 60-70, facerlle oco ao transporte público e garantir a mobilidade ciclista e peonil.


Para participar no "Evento do Autobús":

Todos estamos invitados a participar no "Evento do Autobús" de Pedaladas o mercores 21 nos tres formatos posibles, como condutores de automóbil, como usuario de bicicleta ou como peón (hai quen vai das tres formas).

Condutores de automóbil (máximo 50 vehículos):
1º ás 16:40 quedamos no aparcamento do pazo da cultura.
2º Tes que recoller o cartel de Pedaladas para que os axentes da Policía Local te deixen pasar o espazo da fotografía.

3º ás 17:00 saímos cos coches mesturados co tráfico cara a Av das Corbaceiras/ Uruguay onde un axente da Policía Local so deixará pasar aos vehículos co cartel de Pedaladas.

4º Os vehículos colócanse igual que se estiveran circulando, en dúas columnas unha por carril e a distancia normal de circulación a uns metros do que temos diante. O espazo utilizado vai desde a rotonda da Rúa da Barca a rotonda da Rúa Xan Guillermo polo que entran só 50 vehículos ben postos.


5º ás 17:10 minutos sacamos a primeira fotografía, so cos coches e o condutor ao lado do vehículo, xa que logo farase un refundido dixital.

6º en canto teñamos a fotografía os axentes da Policía Local facilitarannos incorporarnos ao tráfico a través da rotonda e iremos a estacionar outra vez ao aparcamento do Pazo da Cultura.

7º Ali espéranos un autobús de Rías Baixas (17:25) co cartel de Pedaladas que nos traslada para sacar as seguintes fotos.

Os peóns. (Na primeira foto só 50, na seguinte sen limite ata encher o espazo):

1º Os axentes da Policía Local van reconducir o tráfico así que esperade na beirarrúa ata que este situado o autobús.

2º Unha vez colocado o autobús 50 peóns  vanse situar ao seu carón como se ve na imaxe e ás 17:30 sacamos a segunda foto.






3) Unha vez sacada esta foto o autobús retrocedera para facer unha fotografía con todos os que se queiran sumar primando ás persoas con diversidade funcional e sensorial pero mesturados.




4) unha vez teñamos as fotografías o autobús achegará aos condutores de automóbil ao estacionamento do Pazo da Cultura. O acto debe estar rematado por completo ás 18:00.


(Nota, estas imaxes son de libre disposición para quen as queira)

No Response to "Obxetivo "visibilizar o uso do espazo público""

Publicar un comentario