lunes, 12 de septiembre de 2016 Tags: , , 0 comentarios

Semana Europea da Mobilidade 2016




Do 16 ao 22 de Setembro é a Semana Europea da mobilidade. Este ano baixo o lema "Mobilidade intelixente, Economía forte." Recomendamos ler a guía onde nos mostra os beneficios económicos para toda a sociedade que ten facer unha mobilidade intelixente.

Na guía atoparedes os beneficios da mobilidade activa, ou moverse coa propia enerxía, que van desde unha mellora para a saúde propia,  unha menor contaminación ou menor conxestión do tráfico pero tamén fortalece o comercio local a diferencia dos lugares onde a mobilidade realizase a motor.

Algunhas frases sacadas da guía:

- O aforro de cambiar un automóbil por unha bicicleta é de 2.853€/ano
- Facer desprazamentos a pé ou en bicicleta durante 150 minutos ao día alarga a vida 1,4 anos ás mulleres e 1.5 anos aos homes.
- Nas cidades con retencións os usuarios de transporte público, usuarios de bicicletas e persoas a pé chegan antes aos seus destinos.
- Os condutores de vehículo a motor son os que menos gastan nos negocios locais. Os comerciantes necesitan aos peóns.
- Os peóns, ciclistas e usuarios de transporte público gastan menos por visita aos comercios que os condutores de vehículo a motor pero son máis fieis aos comercios locais.
- En Nova Yorke a construción de carrís bici dedicados aumentou as ventas  nun 49%  nas rúas onde hai carril bici fronte a un 3% nas rúas sen carril bici.
- En Copenhague chegouse a conclusión de que creaba máis riqueza investir en aparcamento para bicicletas que para coches. Concretamente  4.5 veces máis.
- En Copenhague o uso da bicicleta aforra 230m€ ao ano en gasto sanitario.

Todo son beneficios, debemos ser intelixentes ao realizar os nosos desprazamentos. En Pontevedra temos unha forte presencia peonil grazas ás reformas na cidade e a que restrinxiu o paso aos vehículos a motor pero aínda temos moito por facer. A bicicleta debe ir ocupando o seu espazo nos desprazamentos de entre 2-9km e debemos deixar de lado o automóbil en favor do transporte público.

Para fomentar este cambio Pedaladas tráenos un programa de actividades para dar o salto a mobilidade intelixente:



Colaboradores neste programa:






Autocares Rías Baixas
MotoBike Pontevedra
El Puerto Bike Workshop
Óptica Martínez








No Response to "Semana Europea da Mobilidade 2016"

Publicar un comentario