lunes, 19 de diciembre de 2016 2 comentarios

Pontevedra vai ter un Radar



O Concello comunica a Pedaladas que vai comprar un Radar.

Á asociación Pedaladas acáballe de chegar unha comunicación de que en determinadas vías constátase un exceso de velocidade polo que, por parte da Xefatura estase a tramitar a adquisición dun radar.

Creemos que é importante explicar a petición do radar por parte de Pedaladas, sobre todo tendo en conta que Pontevedra conta con máis de 300 pasos sobre elevados, rotondas e outros elementos de calmado de tráfico.

Os lombos non son garantía de que se cumpra a limitación de velocidade a 30km/h.

O lombo esta a funcionar de forma parcial, e iso non o dicimos nós, o din os datos dos aforadores que a parte de rexistrar o numero de vehículos que pasan facilitan os datos da velocidade á que pasan.




Datos sacados da presentación do plan Móvese.

Na Av. de Lugo a 103km/h

Os datos asustan, na medición dos aforadores na Av. de Lugo sobre o lombo a velocidade máxima de paso son 61km/h e a media de todos os vehículos 28km/h pero entre lombo é lombo rexistráronse velocidades de ata 103km/h. Un 4.14% dos vehículos superan os 50km/h que é a velocidade a que se temos un accidente cun peón ou ciclista implicado ás probabilidade de sobrevivir caen dramaticamente.

Na Av. das Corbaceiras a 89km/h

Calquera que teña coche pareceranlle mentira estes datos, nós non saímos do noso asombro. Desde o manillar da bicicleta percíbese que os coches van ben por riba dos 30km/h, de feito o 15.17% dos vehículos superan os 50km/h, pero coa altura deses lombos parece incrible non desfacer os baixos do coche circulando ata a 89km/h cunha velocidade media de 41km/h.

Rosalía de Castro, Av de Uruguay, Av de Compostela, Conde Bugallal...

Destas rúas non dispoñemos datos dos aforadores pero é fácil para comprobar para calquera pontevedrés que a 30km/h non se vai, a pesar de ter uns lombos de tamaño XXL nalgún punto. Xa por estas rúas esta xustificado,  pero se entramos a valorar a velocidade que se circula por Xeve, Gato Morto, Ponte Sampaio... por estradas sen beiravía por onde os veciños van pola calzada a visitar outro veciño ou os rapaces a xogar o campo de fútbol, so polas parroquias xa debería ser imperativo ter un Radar.

O Radar so vai axudar, non é a solución.


Temos claro que o radar non é unha solución, vai ser unha ferramenta máis. A día de hoxe todos os Pontevedreses sabemos que a Policía Local non ten radar, e por competencias non vai vir a DXT a sancionar, polo que non existe ningún elemento disuasorio aos excesos de velocidade máis extremos.
Nós pensamos que a velocidade excesiva é un problema social, aceptamos superar os limites de forma xeral, aceptamos tomar un par de cervexas antes de coller o volante nas ceas, aceptamos ir mirando o Whastapp aos poucos cando quedamos con alguén, aceptamos demasiadas cousas pensando que nunca vai pasar nada, pero o mundo real é outro, un coche é unha máquina pesada que a pouco que faga pode matar un ser humano polo que dependemos  de que o condutor  sexa plenamente consciente da súa responsabilidade.

A solución que desexamos e que séxamos conscientes como sociedade que temos que deixar de ter condutas perigosas que pagan outros, un falecido non se arranxa cun seguro de responsabilidade civil, unha vida que se rompe non hai cartos que a compense.

Mentres non chega esa tan desexada responsabilidade colectiva,  teremos que conformarnos co medo que  á multa. Entristécenos escribir isto pero é o mundo no que vivimos, cando se anuncie a posta en servicio seguro que vermos os comentarios de "afán recaudatorio", pola nosa parte é "afán pola vida".

2 Response to Pontevedra vai ter un Radar

Anónimo
20 de diciembre de 2016, 13:22

Es decir, que habéis sugerido al ayuntamiento que compre un radar.... brillante.
Habría que sugerir que compre cámaras para los semáforos para ver como os saltáis todos los rojos, u os montáis en la acera para ir en contrasentido cuando os conviene... si es que... no se puede ser más tontos.

2 de enero de 2017, 11:20

Qué fácil y valiente es criticar e insultar desde el anonimato. Este radar afectará a aquellas personas que no sepan cumplir las normas, en este caso referentes a la velocidad con vehículos a motor en la ciudades, y que ponen en peligro a cualquier otra persona que vaya en su vehículo y a peatones.
Las personas que queremos más seguridad y respeto no sólo vamos encima de una bici.
Si te molestaras en conocer qué objetivos tenemos y el trabajo del colectivo Masa Crítica Pontevedra y de la Asociación Pedaladas, además de otras tantísimas personas ciclistas o no, yo me molestaría en intercambiar puntos de vista o información...Pero mereces indiferencia.
Puedes tener totalmente una opinión diferente, pero si no la respaldas nada más que con mala baba pierdes credibilidad.
De personas como tú están las redes llenas.

Publicar un comentario