lunes, 20 de febrero de 2017 0 comentarios

Ronda de contactos cos partidos políticos

  • A Asociación Pedaladas está facendo unha roda de contactos cos partidos políticos para impulsar políticas ciclistas. 

  • O PSdG leva as primeiras iniciativas ao parlamento Galego.

  • Hoxe luns 20 ás 18:00 reunión con Jacobo Moreira (PP)

     

    A asociación Pedaladas leva unhas semanas contactando cos partidos políticos de ámbito galego para acelerar as políticas transversais que require a bicicleta para converterse nun elemento real de mobilidade, ocio, deporte e turismo en Galicia.

    Ás reunións teñen como obxectivo asesorar e propiciar que no ámbito político se tomen decisións claras que permitan desenvolver unha estratexia autonómica e local  de mobilidade sustentábel.

    Propostas de Pedaladas para o parlamento Galego:

    * Aprobación e mellora do "Plan director de Mobilidade Alternativa" da Xunta de Galicia.

    O borrador do Plan director de Mobilidade Alternativa presentouse no ano 2010, tivo unha mellora no 2013 pero aínda segue en estado de borrador e polo tanto sen a necesaria implantación en Galicia, despois de que xa pasaron 7 anos desde a súa presentación. O plan define itinerarios, infraestruturas, necesidades... para permitir a mobilidade alternativa ao vehículo a motor.

    * Aumentar a seguranza viaria para ciclistas e peóns nas estradas autonómicas.


    Galicia ten unha rede de estradas con moi pouca seguridade para os ciclistas, sen beiravía transitable, con continuas travesías e con todo tipo de deficiencias. Este é un dos motivos da alta sinistralidade e alta cantidade de peóns e ciclistas falecidos na nosa comunidade. As reformas que esta a facer a Xunta nas súas estradas non están tendo en conta a bicicleta, incluso empeora a mobilidade ciclista reducindo as beiravías transitables ou facéndoas intransitables. Polo tanto é preciso que os técnicos teñan presente que as vías deben ser seguras para todos os usuarios, tamén os que van con dúas rodas e sen motor.

    * Proposta de lei: Promoción dunha vida saudable e alimentación equilibrada.


    A Junta de Andalucía está a facer un anteproxecto de lei para a promoción da vida saudable e alimentación equilibrada. Esta lexislación vai a raíz de moitos dos problemas de saúde que ten a nosa sociedade, entre eles o gran problema de sedentarismo das sociedades modernas e que fai de Galicia e Andalucía dúas comunidades con alto gasto sanitario por enfermidades que se poden previr con hábitos de vida saudables e boa alimentación.  
    Polo tanto Pedaladas quere que se impulse unha lexislación similar en Galicia polos aforros sanitarios, mellora da calidade vida e a redución da contaminación asociada ao transporte e mobilidade.

    Anteproyecto de ley de Promoción de vida saludable y alimentación equilibrada


    Propostas de Pedaladas para o Concello de Pontevedra:

    * Moción plenaria: Instar ao goberno de España a reformar o regulamento de circulación para favorecer o uso da bicicleta.

    Pedaladas considera que é preciso que os Concellos teñan unha ordenanza de mobilidade moderna e adecuada aos desprazamentos non motorizados. Moitos municipios están lexislando a pesar de non ter un marco nacional normativo e en Pontevedra esta falta de marco está a dificultar que se cree a ordenanza de mobilidade. Esta moción é un chamamento ao goberno de España para que o antes posible aprobe a reforma do regulamento de circulación e así se desbloquee a lexislación local como sucede no caso de Pontevedra.

     
    * A adhesión do Concello de  Pontevedra ao Plan Estratéxico Estatal de la Bicicleta. 
    O Plan Estratéxico Estatal da Bicicleta é un marco normativo para coordinar a todas a administracións para permitir avanzar en políticas que fagan posible que a bicicleta pase a ser un elemento mais da mobilidade en todo o estado.

    Manifesto ao que se pide a adhesión

    As primeiras reunións e o inicio do traballo parlamentar.

    As primeiras reunións foron co PSdG  (Agustín Fernández, Iván Puentes, Patricia Vilán), co  Marea Pontevedra (Maria del Carmen Moreira) e con EnMarea (Antón Sánchez e Marcos Cal).

    Polo de agora, ningún partido nós dixo que non, e solicitaron a Pedaladas propostas de preguntas parlamentarias para que poidamos saber que  está a facer a Xunta e cales son os seus plans  sobre a mobilidade alternativa.

    EnMarea solicitounos que lle facilitemos as estradas onde a seguranza viaria non é a adecuada para permitir a mobilidade ciclista e peonil segura.

    O PSdG xa comezou o traballo fiscalizador coa Xunta e acaba de rexistrar unha batería de preguntas no Parlamento Galego.

    Reunión con Jacabo Moreira do PP.

    Hoxe día 20 ás 18:00 a Asociación Pedaladas ten a reunión con Jacobo Moireira para trasladarlle de primeira man as peticións e propostas, tanto para o parlamento Galego como para o Concello de Pontevedra. Tamén agardamos que nos informe dalgúns dos proxectos que ten pensado acometer a Xunta de Galicia xa anunciados neste ultimo ano.

No Response to " Ronda de contactos cos partidos políticos"

Publicar un comentario