Comunicado: Polo dereito a ir amodo e tranquilo.
A
Masa Crítica de Pontevedra vai facer una protesta contra o acoso que
sofren os usuarios de bicicleta por parte dalgúns automobilistas.
O
Xoves 25 ás 21:00 na Peregrina é o popular evento en bicicleta da
cidade, “a Masa Crítica” que da a coñecer as vantaxes sociais que
representa a bicicleta no reparto modal como vehículo ecolóxico,
saudable e seguro. A “Masa Crítica” non é unha manifestación, nin é
convocada, é un fenómeno ciclista mundial que ten tamén o seu día en
Pontevedra, onde os usuarios da bicicleta da cidade xuntámonos para
celebrar unha vez ao mes a nosa afección por este medio de transporte.
Os usuarios de bicicleta con maiores dificultades, nenos, persoas con menor capacidade física, maiores, ou persoas que non queren suar ao ir ao seu traballo, levan sufrindo tempo unha situación de acoso por parte dalgúns automobilistas para que circulen coa súa bicicleta na beirarrúa. A zoa 30 esixe convivencia dos tráficos rodados, e esta non segregación do tráfico ciclista esixe paciencia aos condutores de vehículo a motor cos usuarios de bicicleta que non poden adaptar a súa velocidade a dunha máquina.

Son habituais as seguintes formas de acoso:
- Intentar adiantar ao ciclista nas vías onde só existe un carril de circulación e é imposible realizar un adiantamento seguro.
- Circular demasiado preto da bicicleta para asustar ao ciclista.
- Usar o claxon e forzar a que se saque do medio a bicicleta.
- Dar aceleróns co coche para intimidar ao usuario de bicicleta.
- Facer xestos, incluso chegar a insultar ao usuario de bicicleta por ir demasiado amodo con respecto ás maquinas.
- Dicirlle que circule pola beirarrúa.
Estas
condutas dánse porque os usuarios de bicicleta están nunha situación de
indefensión manifesta ao ir nun vehículo duns 15kg movido por el mesmo,
fronte a quen vai nunha maquina de máis de 1000kg e gran potencia; así
mesmo teñen un fin, que o ciclista se saia da calzada e pase á
beirarrúa, onde molesta aos peóns pero permite aos coches circular máis
rápido. Por este motivo os participantes na Masa Crítica Pontevedra imos
protestar, xa que ante todo consideramos que o lugar da bicicleta é a
calzada.
Protesta: Polo dereito a ir amodo e tranquilo.
Este
Xoves 25, ás 21:00, faremos a saída ciclista tradicional da Masa
Crítica, e coma sempre convidamos a participar a todos os usuarios de
bicicleta da cidade, sen importar idade ou condición física. Ás 21:30
imos chegar a rúa José Malvar Figueroa, na rotonda coa Rúa Valdecorvos, e
aí imos baixar das bicicletas e subir camiñando a costa cara 12 de
Novembro como protesta polo acoso que se da nesta rúa. Alí é habitual
que os condutores fagan adiantamentos incumprindo o 1.5m, que se peguen
por detrás á bicicleta, que usen o claxon para poder intentar un
adiantamento perigoso e sen sentido, ou que nos esixan que nos saquemos
do medio e pasemos á beirarrúa, e todo porque nesta costa poucos
usuarios non deportivos de bicicleta son capaces de ir a 20km/h. Todas
estás condutas están prohibidas na lexislación e ocasionan que os
novatos se asusten e terminen por circular de forma permanente polas
beirarrúas, molestando aos peóns e deixando aos usuarios de bicicleta
como uns incívicos.
Esta Violencia Viaria é unha das culpables de ter tantos usuarios de bicicleta circulando polas beirarrúas da nosa cidade, en vez de telos pola calzada e así sendo a mellor medida de acougado de tráfico que existe. Se o número de ciclistas na calzada crece, a seguranza viaria de todos vai mellorar, como sucede nos países onde hai moita presencia de ciclistas na mesma.

Anuncio de Campaña.
Os
participantes habituais na Masa Crítica de Pontevedra fixemos unha
colecta para financiar a impresións dun flyer para pedir “convivencia,
respecto e que pare esta situación de acoso”.(incluido nos adxuntos)
Os destinatarios principais son os automobilistas aos que lles pedimos que cumpran as distancias de seguridade, que non acosen ao usuario de bicicleta e que empaticen con el.
Os destinatarios secundarios son os usuarios de bicicleta aos que lle pedimos, que non usen ás beirarrúas e resistan a este acoso, que asuman que a calzada é o seu lugar, que se fixen na sinalización, que circulen polo centro do carril e afastados das portas dos coches estacionados, pola súa seguridade, e que se precisan facer un contrasentido mellor facelo a pé.
O flyer será repartido durante a protesta e nos próximos días en tendas, en espazos peonís e aos ciclistas que circulan polas beirarrúas pero precisamos difusión destes consellos.

O problema ven de lonxe.
- Nos últimos anos debateuse este problema na Mesa pola Bicicleta, e incluso existe unha petición por escrito no documento de Pedaladas “Plan de Mobilidade ciclista” onde se insistía en que era preciso un carril bici para comunicar as zoas de ocio deportivo da illa do Covo coa Senda do Gafos e salvar a costa de José Malvar Figueroa para os usuarios de bicicleta máis vulnerables.
- Na “Carta Aos Reis Magos” para o alcalde de Pontevedra tamén se lle pedía crear “ciclocarrís” en calzada con sinalización da bicicleta no centro do carril (como en Vitoria, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Valencia…) para atallar este problema de acoso aos usuarios vulnerables cando circulan polo centro do carril pola súa seguridade.
- A falta dunha Ordenanza de Mobilidade moderna tamén está a crear esta indefensión entre os usuarios de bicicleta máis vulnerables ao usar a calzada.