Colecta para o Concello de "viñeta ciclista" para gozar dos mesmos dereitos que os automóbiles.
O
próximo Xoves 27 de Xulio ás 21:00 na Praza da Peregrina é a Masa
Crítica de Pontevedra. Onde usuarios de bicicleta da cidade de
Pontevedra se xuntan para dar un paseo pola cidade e reivindicar o uso
da bicicleta na calzada. Está actividade é aberta a todo o mundo, non é
unha manifestación, é un paseo ciclista e é unha oportunidade para que
todas as persoas se suban á bici sen importar idade ou condición
física. Non se vai cobrar a ninguén como é lóxico pero quen queira pode
dar un donativo para o Concello polo desgaste da rúa e os investimentos
ciclistas.Imos facer unha colecta para o Concello de Pontevedra en forma de "viñeta ciclista". Esta Masa Crítica paga o "desgaste do asfalto de todo o ano".
En Pontevedra temos un déficit de estacionamentos para bicicletas, vías de uso exclusivo ciclista, solucións de mobilidade a contra man para que os ciclistas non dean voltas innecesarias e accións de promoción da mobilidade activa. Estes problemas soluciónanse con investimentos en mobilidade sustentábel, que pola contra si se dan no caso da mobilidade motorizada e contaminante como por exemplo os investimentos do estacionamento de automóbiles e autocaravanas (188.440€) ou o aparcamento disuasorio de Alexandre Bóveda (241.000€) e calquera obra de mellora de firme que se anuncian cada pouco.
Existe
a lenda de que as bicicletas non pagan impostos, cando fan fronte o IVE
21% igual que os automóbiles, e non pagan matriculación como a maioría
dos automóbiles que emiten menos de 120gCO2/km, e non consumen gasolina
polo que non pagan Imposto Especial de Hidrocarburos (os vehículos eléctricos tampouco) pero as bicicletas van a "caldo" que paga o 4-10%
de IVE.
Xa pagamos impostos e non temos os mesmos dereitos que o tráfico motorizado pero existe esta lenda por non pagar a "rodaxe" ou "viñeta" que en realidade é o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) que se calcula en función dos cabalos fiscais, polo que tivemos que facer un calculo imaxinativo do que pagaría unha bicicleta, de considerar a tracción humana como un motor de combustión interna contaminante:
Xa pagamos impostos e non temos os mesmos dereitos que o tráfico motorizado pero existe esta lenda por non pagar a "rodaxe" ou "viñeta" que en realidade é o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) que se calcula en función dos cabalos fiscais, polo que tivemos que facer un calculo imaxinativo do que pagaría unha bicicleta, de considerar a tracción humana como un motor de combustión interna contaminante:
- Unha motocicleta de 125cm3 e 9CV en Pontevedra paga 7.09€/ano. (ordenanza fiscal en vigor)
Se consideramos un ser humano ten unha potencia de 250w ou 0,335CV o custo sería de 0.26€/ano da "viñeta ciclista".
Que fan os concellos por este IVTM? , que por certo só pagan os residentes:
- Estacionamento en cada rúa ou zona servizos ou de carga e descarga. (non apta para bicicletas ou peóns)
-
Dotar ao tráfico motorizado de vías segregadas, incluso de uso
exclusivo. (a prioridade é do tráfico a motor e os peóns so poden
atravesa polos pasos)
-
Facer do espazo público un lugar a disposición dos automóbiles na súa
maioría, a parte peonalizada é moi pequena en comparación coa non
peonalizada. (a reparto do espazo é de 80-20% a favor do automóbil)
-
Permitir circular a velocidades perigosas para a vida humana. (A 50km/h
morren a metade dos peóns en caso de sinistro e a pesar dos lombos
séguese a correr moito, rexístranse velocidades de 70-80 en lugares con
lombos).
- Permitir contaminar e danar a saúde de todos. (a pé ou bicicleta 0 emisións)
Pois
se o problema é que a bicicleta non paga IVTM podémolo solucionar, o
custo 0.26€/ano, en caso de cada persoa, neno, maior use ou non a bici
en Pontevedra pagara só serían aproximadamente 21.850€, o 0.028% dos
ingresos do orzamento pero aplicando a mesma lóxica dos cochistas
gañariamos estes dereitos os usuarios de bicicleta:
- Un carril bici en cada rúa.
- Prazas de estacionamento gratis en cada rúa.
- Todo o espazo público ao servizo da bicicleta.
Incluso poderíase levar a pleno entre os grupos políticos poñer a "viñeta ciclista",
se de verdade consideramos que eses 21.850€ son o problema para non
investir de verdade na mobilidade activa ou polo menos na mesma magnitude
que se da nos investimentos na mobilidade motorizada contaminante. Pero
isto sería de tolos, seríamos unha anomalía Europea poñendo a "viñeta
ciclista", e tampouco é o que precisamos, seguro que a tramitación
custaría máis que o recadado no imposto. O que de verdade precisamos son
investimentos en mobilidade activa, e nós imos facer unha colecta o día
27 aproveitando a saída en bicicleta, a que invitamos a participar a
todos os cidadáns de Pontevedra, para que as doazóns da colecta cheguen
ao Concelleiro de Facenda para ver se coa nosa axuda lle comezan a dar
os cartos para asumir algunha obra beneficiosa, no próximo orzamento que estará a preparar, para a cidadanía que quere usar unha bicicleta de forma cotiá.
Algunha idea para o próximo orzamento:
- Aumentar a rede de aros na cidade. Xa teñen unha proposta por escrito de fai meses, son moi baratos e fáciles de colocar.
-
Crear algunha vía ciclista de uso exclusivo, por exemplo entre a Ponte
dos tirantes e as estacións de bus e tren, ou o percorrido
Monteporreiro - Centro...
-
Crear algún paso a contra man nos novos proxectos, ou recuperar itinerarios ciclistas perdidos Av de Vigo, Rosalia de Castro, Juan
Bautista Andrade.. é tan só un metriño de sección que permite evitar o
uso das beirarrúas para non dar tremendas voltas.
- Facer unha promoción efectiva dos desprazamentos non motorizados, a pé e en bicicleta todo o ano.
- Incluír partidas de formación ciclista para menores.
No Response to "Colecta para o Concello de "viñeta ciclista" para gozar dos mesmos dereitos que os automóbiles."
Publicar un comentario